CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Orfeón Valdeorrés reencóntrase co público cun concerto en Santiago

Actuará o 20 de novembro na Igrexa Santo Domingo de Bonaval, no XVII Encontro de Corais na honra de "Santa Cecía", organizado pola Coral La Salle

Publicidade
O Orfeón Valdeorrés durante unha actuación no ano 2019./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nun escenario moi especial e no marco da celebración de Santa Icía, o Orfeón Valdeorrés volverá reencontrarse co público tras unha longa ausencia de case dous anos por mor da situación sanitaria. Así a formación musical, que dirixe José Ramón Mansilla, actuará o 20 de novembro ás 19h.no XVII Encontro de Corais na honra de “Santa Cecía” e no XXV+I Aniversario da Coral La Salle de Santiago de Compostela. Ademais da formación anfitrioa e do Orfeón Valdeorrés, tamén actuará o Orfeón Caldelas.

Será o Orfeón Valdeorrés o que abra o concerto coa interpretación de “4 Cantos Populares de Galicia” (harmonización de Julio Domínguez), o bolero “A solas tú y yo” de Ricardo Guirao, “Los Nardos” (letra González del Castillo y Muñoz Román y música de Francisco Alonso) “Un beso y una flor” (J.L. Armenteros/P- Herrero e con harmonización de J.M. Piedra).

Seguidamente subirá ao escenario o Orfeón Caldelas, dirixido por Manuel Vila, que cantará outras catro pezas: “Compañeira”, “Boiadeiros” (tonada brasileira), “Alma corazón y vida” e “Bello Ángel Mio”.  Despois actuará a Coral Polifónica La Salle, cuxa directora é Betty Álvarez, con “O cantar que a Virxe canta” (canto de berce), “La playa del querer”, “Esclavo y amo” e “Viento del Norte”.

O concerto concluirá coa interpretación conxunta por parte das tres formacións corais da peza “O voso galo” de Miguel Groba.

O Orfeón Valdeorrés, na Misa do Peregrino na Catedral

Ademais, aproveitando esta visita a Santiago neste Ano Santo, o Orfeón Valdeorrés cantará ese mesmo día ás 12h. na misa do Peregrino na Catedral de Santiago.

Artigos relacionados

Back to top button