
O Ourense Film Festival (OUFF) lembrará a figura do cineasta ourensán afincado en México Carlos Velo (Cartelle, Ourense, 1909 – Ciudad de México, 1988) reivindicando o seu papel de director na logametraxe Raíces, no 70º aniversario do fime. Raíces, estreada en 1954 e producida por Barbachano Ponce, está considerada toda una obra mestra do cinema documental mexicano e unha das obras fundacionais do cine independiente do país, logrando recoñecementos como o Premio da Crítica en Cannes. Velo figura nos créditos como coguionista e deseñador de producción, ocultando o seu verdadeiro papel como director polos conflictos da época entre a productora Teleproducciones e o Sindicato de Trabajadores de la Producción Cinematográfica, dando ese título a Benito Alazraki.
“É o momento de reivindicar en Galicia, e mesmo no panorama español, a autoría de Carlos Velo nun filme no que o STPC, o sindicato dos traballadores de cine mexicanos, impediulle aparecer como director. O propio Velo asumiu esa circunstancia, pero co paso dos anos, e coa bendición de historiadores e críticos como o francés Georges Sadoul ou o méxicano Emilio García Riera, xa se recoñece que o autor “integral” foi Velo e Benito Alazraki un membro máis do equipo”, explica Miguel Anxo Fernández, director do OUFF.
A productora non estaba autorizada por este organismo para firmar longametraxes, así que presentou Raíces como un conxunto de curtas basadas no libro El diosero, de Francisco Rojas González. O OUFF presentará unha versión de “Raíces” restaurada, en colaboración coa Filmoteca da UNAM de México. Deste xeito, a Fundación Carlos Velo, organizadora do OUFF, tende pontes coa terra que acolleu ao cineasta ourensán, quen chegou a ser unha peza fundamental para entender a historia do cinema mexicano. Un director que tamén se lembra no OUFF co Premio Carlos Velo á Mellor Dirección, que na pasada edición foi para Jaione Camborda polo filme O Corno.
Raíces conta catro historias que suceden en distintos lugares de México, nas que mostran a realidade do pobo indíxena navegando entre a ficción e o cinema documental. Catro relatos -”Las vacas”, “Nuestra señora”, “El tuerto” y “La potranca”- que mostran a realidade do pobo mexicano, o mesmo que protagoniza o filme, xa que boa parte dos actores e actrices non eran profesionais. O filme destacou como unha produción independiente, tanto pola súa distancia coa industria e as súas regras como polo propio contido do filme, rompendo con tópicos sobre o pobo mexicano e coa imaxe que o país quería mostrar ao exterior nese momento. “Raíces é unha obra mestra no contexto do cine indíxena, antropolóxico e documental, desde o OUFF entendemos que é o momento de subir outro chanzo más a prol do cineasta galego como un dos grandes do xénero”, sinala o director do festival.
O propio Carlos Velo recoñeceu anos despois da estrea que Raíces “descubriu que as películas con contido realista e social, en relación cos problemas de calquer pobo, causaban unha emoción que era perfectamente vendíbel, malia os productores consideralas nefastas”. Unha idea que segue vixente no cinema social da actualidade.
No filme colaboraron cineastas e intelectuais de diversas áreas e gran prestixio, como García Ascot, Fernando Gamboa, o fotógrafo Walter Reuter ou a guionista María Elena Lazo. Raíces, xunto coa posterior obra de Velo, Torero, son os títulos que iniciaron a Filmoteca UNAM nos anos 60, unha iniciativa que máis de 70 anos despois da estrea de Raíces trae de novo a Galicia a obra de Carlos Velo.
O OUFF está organizado pola Fundación Carlos Velo co patrocinio principal da Deputación de Ourense e o apoio da Xunta de Galicia.