EconomíaEconomíaÚltima hora

O ourensán Gabriel Alén, novo director xeral de Comercio e Consumo

 

O ourensán Gabriel Alén Castro tomaba posesión o 25 de abril como director xeral de Comercio e Consumo dentro do organigrama da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Vigo, é mestre especializado en Educación Física.

Alén foi delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense desde setembro de 2020 ata xaneiro de 2024. En agosto de 2020 foi elixido deputado autonómico e renunciou tras o seu nomeamento como delegado territorial da Xunta de Galicia en setembro dese mesmo ano. Foi coordinador do Grupo Popular na Deputación de Ourense entre 2019 e 2020. Foi, ademais, alcalde de Cenlle desde xuño do ano 2011 ata marzo de 2020 e, con anterioridade, concelleiro de Cultura (2007 a 2011).

 

Artigos relacionados

Back to top button