ConcellosÚltima hora

O ourensán Luis Menor, novo director xeral de Emerxencias e Interior

A súa toma de posesión tiña lugar o 14 de novembro e substitúe no cargo ao verinense Santiago Villanueva
toma de posesión do director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor Pérez.
toma de posesión do director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor Pérez.

Na mañá do 14 de novembro tomaba posesión como novo director xeral de Emerxencias e Interior o ourensán Luis Menor nun acto en Santiago presidido polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Menor Pérez vén de substituír no cargo ao verinense Santiago Villanueva. Neste acto o novo director estivo acompañado polos seus antigos compañeiros de Delegación Territorial da Xunta en Ourense; así como polo xerente da Axega, Juan José Muñoz; o comisario da Policía Autonómica, Jose Antonio Álvarez Villar; a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo; e todo o equipo directivo da Vicepresidencia.

O novo director xeral de Emerxencias é licenciado en Dereito e diplomado en estudios avanzados na especialidade de Dereito Penal e Criminoloxía, así coma Diplomado en Educación. Máster en xestión e dirección de Recursos Humanos e Técnico Superior de Riscos Laborais. Na actualidade, desempeñaba o cargo de secretario territorial da Xunta en Ourense, onde anteriormente foi xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Artigos relacionados

Back to top button