DeportesÚltima hora

O ourensán Manuel Garrido recolle o galardón de “Mellor Xuíz” de atletismo de España

A Gala do Atletismo Español da RFEA tiña lugar onte en Madrid na sede do Comité Olímpico

Publicidade
Manuel Garrido, recollendo o seu galardón na gala da RFEA.

 

Ata nove distincións recollía o atletismo galego na Gala do Atletismo Español da RFEA, celebrada onte na Sede do Comité Olímpico, “o que evidencia o excelente momento de forma polo que atrevesa” este deporte en Galicia, tal e como destaca a Federación Galega de Atletismo. Entre os distinguidos nesta edición estaba o xuíz de atletismo ourensán Manuel Garrido, recoñecido como “Mellor Xuíz” pola RFEA. Tamén galega era a premiada como Mellor Xuíz Novel, Estafanía Acuña, delegada de xuíces de Pontevedra.

O galardón máis importante que era o que distinguía aos mellores atletas do ano tanto na categoría masculina como na femenina, correspondeu neste último caso e como era de agaradar, a saltadora Ana Peleteiro quen fixo valer a histórica medalla olímpica lograda o ano pasado nos Xogos de Tokio para impoñerse nas votacións finais.

Nas distincións aos Mellores Atletas Másters do ano que recaeron unha edición máis en Esther Pedrosa e Pepín Rioseco grazas aos fantásticos récords mundiais logrados no 2021 tanto por Esther nos 800 m. e nos 3000 m. como por parte de Pepín nos 800 m. 1.500 m. Milla, 3.000 m. 5.000 m.

Outra das protagonista da gala foi a lucense Xela Martínez (malia súa ausencia por estar tomando parte nun encontro internacional ca selección en Eslovaquia) quen era distinguida coa mención de Mellor Atleta Femenina Xeración Atletismo que valoraba entre outros méritos, os récords de España logrados no ano 2021 de 1.500 obstáculos de aire libre, así como os de pista cuberta tanto dos 1.000 m. como os de 3.000 m.

 

Manuel Garrido e Estefanía Acuña, mellores xuíces do 2021 na gala da RFEA.

 

No apartado de récords de España, foi galardoada novamente Ana Peleteiro por ese rexistro logrado en triplo con 14.87 m. así como a olímpica Belén Toimil quen facía o propio no concurso de lanzamento de peso logo de deixar o novo tope nacional nuns 18.80 m. en xuño do ano pasado.

Pare rematar e como colofón, o Gran Premio de Marcha Atlética-Trofeo Sergio Vázquez contaría un ano máis co recoñecemento que o distingue como a proba máis importante de todas cantas se desenvolven en España da súa modalidade, sumándose a unha longa lista de distincións entre as que destaca a lograda no ano 2019 polo máximo organismo mundial do atletismo, a World Athletics, que a recoñecía ca Placa Patrimonio Mundial do Atletismo.

Artigos relacionados

Back to top button