O Ourense CF e a UD Ourense chegaron nestes últimos días a un principio de acordo para a unificación dos dous clubes. Esta decisión tomouse despois de que as directivas se reuniran co alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome.

Así, o obxectivo desta unión, segundo o alcalde, é a recuperación da esencia do desaparecido CD Ourense. “O plantexamento foi moi claro, e ciméntase en que o Concello de Ourense pase a ter a maioría do recuperado CD Ourense, asumindo as dúas estruturas coas que contan nestes intres os dous clubes, co cal pasaría a ser municipal, e en definitiva, de todos os ourensáns”, engadía.