DeportesÚltima hora

O Pádel Club Valdeorras celebra o 2º aniversario cun concorrido torneo

Parece que foi onte e xa pasaron dous anos dende que o Pádel Club Valdeorras abría as portas no Barco de Valdeorras. E nada mellor para celebralo que un Torneo Aniversario patrocinado por Distribuciones Roca e Estrella Galicia, no que se disputaron 7 categorías. Tal como explican dende o club, na competición celebrada na fin de semana do 2 e 3 de novembro, participaron 124 xogadores da comarca de Valdeorras, Ponferrada, Viana,…

 

 

Con respecto aos resultados, na 2ª masculina (cadro final), os gañadores eran Bruno e Aaron e os subcampións Diego e Suso; no cadro de consolación os gañadores eran Yoni e José Luis e os subcampións Genin e Alejandro.

 

 

Na 3ª masculina (cadro final), os gañadores eran Unai e Pol e os subcampións Genin e Diego Nogueira; no cadro de consolación os gañadores eran Amancio e Óscar e os subcampións Nicolás e Daniel. Na categoría 4ª masculina (cadro final), os gañadores eran Amancio e Raúl e os subcampións Álvaro e Hugo; no cadro de consolación os gañadores eran Antonio e Óscar e os subcampións Adan e Esteban.

 

 

Na 2ª feminina (cadro final), as gañadoras eran Silvia e Selena e as subcampioas Ana Blanco e Leticia; no cadro de consolación as gañadoras eran Lorena e Gemma e as subcampioas Chus e Feli. Na 3ª feminina (cadro final), as gañadoras eran Marta e Claudia e as subcampioas Belén e Raquel; no cadro de consolación as gañadoras eran Lucía e Marisol e as subcampioas Alba e Paloma.

 

 

Na categoría 2ª mixta (cadro final), os campións eran Selena e Javier e os subcampións José Manuel e Celia; no cadro de consolación os campións eran Genín e Claudia e os subcampións Marcos e Cristina. E na categoría 3ª mixta (cadro final), os campións eran Marta e Sergio e os subcampións Alba e Raúl; no cadro de consolación os campións eran Belén e Roberto e os subcampións Lucía e Hugo.

 

Artigos relacionados

Back to top button