EconomíaEconomíaÚltima hora

O parque eólico de Iberdrola no Sil, protagonista da primera “Guía de Ecoturismo Eólico”

 

O parque eólico do Sil, propiedade de Iberdrola e situado entre os concellos ourensáns de Nogueira de Ramuín e Esgos, está entre os dez seleccionados de toda España pola primeira Guía de Ecoturismo Eólico, que convida a mergullarse nunha viaxe onde se combina turismo sostible e enerxía eólica. “Os aeroxeradores do Sil levan máis de dúas décadas compartindo espazo entre campos habitados por reses, cabalos salvaxes e pequenos pobos, creando unha estampa inesquecible”, indican dende Iberdrola.

A Guía de Ecoturismo Eólico recolle nove rutas máis por todo o país, especialmente no norte, propoñendo carreiros a pé ou en bicicleta por lugares onde os parques eólicos forman parte da natureza. Non deixa atrás a riqueza gastronómica, cultural e patrimonial de cada unha das rexións polas que pasa.

Obra de Mar Ramírez, comezou a xestarse hai dous anos da man de Ventos de Futuro, un movemento cívico que amosa a importancia da enerxía eólica, en colaboración coa Asociación Empresarial Eólica (AEE) e o grupo editorial Planeta.

A guía pertence á colección “Nómades” de Geoplaneta e é a primeira deste tipo que se edita en España sobre a integración do turismo coa enerxía renovable.

Artigos relacionados

Back to top button