DeportesFútbol salaÚltima hora

O pavillón de Calabagueiros acollerá o I torneo de fútbol sala ‘Vila do Barco’ do 5 ao 7 de xullo

As inscricións estarán abertas ata o 30 de xuño

 

Máis de dez anos despois o maratón de fútbol sala regresa ao Barco de Valdeorras neste 2024. Será da man de catro xoves que organizan o I Torneo Vila do Barco que se celebrará do 5 ao 7 de xullo no Pavillón Municipal de Calabagueiros.

O campionato comezará o venres pola tarde e rematará o domingo tamén pola tarde coas finais, esperando reunir en torno a uns 20 equipos (maioritariamente de Valdeorras pero tamén de Ponferrada, Viana do Bolo e mesmo Ponferrada) que deberán ter un máximo de 10 xogadores de 16 anos como mínimo.

 

 

Aínda que o torneo será masculino, o domingo haberá unha competición con catro equipos femininos entre os que estarán o Rúa Valdeorras FSF e o Ourense Envialia.

As  inscricións estarán abertas ata o 30 de xuño e haberá premios para os tres primeiros e tamén para o mellor xogador e o mellor porteiro.

Máis información na vindeira edición de O SIL Deportivo.

 

Artigos relacionados

Back to top button