OurenseÚltima hora

O pavillón dos Remedios de Ourense acollerá este sábado o campionato galego de Jiu Jitsu

 

Este sábado 5 de marzo o pavillón dos Remedios acollerá o Campionato Galego de Jiu Jitsu 2022 ‘Trofeo cidade de Ourense’. Será a partir das 16 horas e contará coa asistencia dunhas 50 persoas na categoría sénior, e duns 100 nenos e nenas.

Esta arte marcial, orixinaria de Xapón, abarca unha ampla variedade de sistemas de combate modernos. O certame deste sábado está organizado polo Gimnasio Marbel, o Consello Municipal de Deportes, a Federación Galega de Judo, a Federación Internacional de Ju-Jitsu e a Xunta de Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button