CulturaCulturaÚltima hora

O Periódico O Sil, no programa de radio barcelonés “Galegos no Baix” de Ràdio Sant Boi

Armando Fernández e Xulio Congil falaron co seu director sobre algúns dos contidos do xornal, especialmente do Entroido

Os condutores do programa durante a conversa.

 

O labor do Periódico O Sil, centrado na divulgación e na información pero sobre todo na posta en valor do rural e das súas xentes e costumes, chamou a atención dunha emisora de radio catalana, grazas aos comentarios de Xosé Manuel Fernández (Hermanager Producións).

Galegos no Baix é un programa de Ràdio Sant Boi de dúas horas de duración que se emite todos os xoves, de 16 a 18 hora no 89.4 da FM, e que xira en torno á cultura, á forma de ser e de vivir de Galicia así como aos galegos vista dende o Baix Llobregat (L’Hospitalet de Llobregat, Barcelona) con convidados e corresponsais ben coñecedores desta verde terra celta. Na tarde deste xoves, 4 de marzo, un dos convidado era o director de O Sil, Carlos García, quen compartiu micrófono cos condutores do programa, Armando Fernández e Xulio Cougil.

Dende a redacción de O Sil no Barco de Valdeorras e durante vinte minutos Carlos falou con Armando e Xulio sobre o traballo que o periódico desenvolve dende hai case 25 anos, cargando as tintas na revista “Entroido en Galicia”, cuxa edición de 2021 saía hai menos dun mes. Unha publicación na que non só se fala da festa, senón da cultura e da historia contada polos propios protagonistas; e non só das máscaras, senón de todo o que hai detrás e simbolizan, de como se comportan e por que. No programa deste xoves tamén falaron da aposta do periódico polo rural, pola riqueza festiva, antropolóxica e natural dos pobos do interior que paga a pena visitar, especialmente de Ourense e sur de Lugo (zona de influencia do periódico); da riqueza gastronómica, neste caso do mel, etc… Un enorme potencial contado en primeira persoa por quen leva anos defendéndoo e que lle valeu o agradecemento dos locutores “por axudarnos a querer máis a Galicia”, concluían antes de despedir ao convidado.

Páxina web de Ràdio Sant Boi: https://www.radiosantboi.cat/

O podcast do programa pode escoitarse aquí:

 

Conversa con director de O Sil:

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button