En portadaÚltima hora

O Periódico O SIL pon en valor O Barco nun mes de setembro sen festas do Cristo

Xa está en quioscos e librerías da vila un amplo monográfico que aborda, entre outras cuestións, a programación cultural alternativa programada polo Concello

 

Setembro é, sen dúbida, un mes especial para os barquenses. E, non só polo inicio da vendima ou o comezo do curso escolar, senón, sobre todo, pola celebración das súas festas principais: as do Cristo.

Este ano esta celebración vén de verse truncada pola actual pandemia do Covid. Por tanto, non haberá pregón, nin orquestras, nin fogos artificiais… Aínda, así dende o Periódico O SIL apostamos por facer unha lembranza desta celebración tan especial a través dun monográfico, que xa está en quioscos e librerías do Barco (tamén o reciben os subscritores), no que, entre outras cousas, incluímos ao detalle a programación alternativa “O Cristo 2020” deseñada polo Concello do Barco entre os días 11 e o 14 de setembro.

 

 

Ademais, ao longo de 40 páxinas, neste monográfico tamén se aborda a actualidade da vila con reportaxes e entrevistas, así como aspectos singulares do seu pasado e hai un apartado moi especial para o deporte.

Artigos relacionados

Back to top button