OurenseÚltima hora

O perruqueiro valenciano Paco Pingo dá unha clase práctica de recollidos

O curso tivo lugar no Hotel Francisco II e os asistentes aprenderon todo tipo de técnicas de peiteado

Foto de grupo tras a clase maxistral.

Esta esta mañá, o estilista valenciano Paco Pingo ofreceu unhas xornadas no Hotel Francisco II, que levou por título “Atelier de recogidos” .

A presenza deste profesional da perruquería e o estilismo creou grande expectación entre os profesionais do sector posto que encheu todas as prazas.

Pingo ofreceu unha mostra das súas últimas creacións que son tendencia no mundo do estilismo. Conta cunha longa traxectoria profesional de mais de 30 anos e no seu salón de traballo leva a cabo cursos prácticos de recollidos, que logo explica por todo o territorio estatal. A súa formación vai dirixida aos profesionais da peluquería que queren potenciar e perfeccionar a técnica dos recollidos para eventos especiais, facendo mais fincapé en aprender a realizalos en cabelo corto ou con pouca cantidade de pelo, utilizando posticería. Vén realizando este traballo dende 2007.

Pingo ensinou a facer recollidos en cabelos cortos a través de postizos.
Back to top button