DeportesEnduroÚltima hora

O piloto barquense Diego Teixeira proclámase campión galego de enduro en open 2t

Era terceiro na xeral da carreira disputada en Piñor

Diego Teixeira no Enduro Piñor./ Foto cedida.

 

Moi bo fin de semana para Diego Teixeira, o piloto barquense de enduro que participaba na pasada fin de semana na última proba do campionato galego de enduro, na localidade ourensá de Piñor.

Unha carreira de dous días que contaba con dúas zonas e unha crono de “terra entre árbores e un tramo cronometrado dun camiño antigo de pedra”, tal como explica o propio Diego, asegurando este último beneficiábao. “Ao estar chovendo patinaban moito as pedras e podía sacarlle partido á miña experiencia no hard enduro”, di, explicando que ao estar moi delicado e poder ter unha caída moi facilmente “tamén acertei coa posta a punto da moto e pneumáticos que foi moi ben”. Tan ben lle foi que vencía na categoría open 2t e subía ao terceiro chanzo da xeral entre unhas 117 motos.

Diego Teixeira pecha así o ano como campión galego da categoría open 2t preparándose para outra proba do campionato de Castela e León que se disputará a vindeira fin de semana en Brañuelas (León).

 

Artigos relacionados

Back to top button