DeportesÚltima hora

O piloto Cristian García do RMC Motorsport acada o primeiro posto en A Peroxa

O primeiro Tramo Cronometrado (TC1) A Peroxa xa ten clasificados. O piloto en facerse co primeiro posto na táboa de clasificación foi Cristian Garcia que canda a súa copiloto, Rebeca Liso, do equipo RMC Motorsport, fixéronse coa primeira posición co seu Ford. En concreto fixeron un tempo de 19 minutos e oito milésimas. Tras deles, en segunda posición, a escudería Yacar Racing, co piloto Iván Ares e o copiloto José Pintor. Eles e o seu Yundai 125 R5 rexistraron unha marca de 19:05.07, é dicir, case cinco segundos por detrás de García e o seu Ford Fiesta. O Peugeot 208 do equipo Sainteloc Junior Team, pilotado por José Antonio Suárez e Cándido Carrera, abriuse un oco na clasificación cunha terceira posición a só 10,8 segundos de diferenza co primeiro.
En cuarta posición desta TC1 quedou Pedro Burgo e o seu copiloto Marcos Burgo, do equipo ACSM Rallye Team. Ao volante do seu Skoda Fabia, conseguiron unha marca de 19 minutos e 17 segundos, a 16,2 segundos de diferencia co primeiro clasificado. O RMC Motorsport conseguiu meter outro dos seus vehículos dentro do “top 5” desta TC1, xa que o Hyundai 12 pilotado por Surhayen Pernía e acompañado por Carlos del Barrio, acadaron un tempo de 19:35.05.

Desafortunadamente, nesta primeira proba houbo que lamentar o abandono de Joan Vinyes e Jordi Mercader e o seu Suzuki Swift. Segundo a organización, este abandono prodúxose por “non tomar a saída”.

Ligazón para seguir a clasificación en tempo real: http://online1.atodomotor.com/online/2017/ourense/2/1/rally-1.html?

Tempos TC1- A PEROXA

 

Artigos relacionados

Back to top button