DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima hora

O Pizarras Los Tres Cuñados FS cae 4-5 ante o Bueu na estrea da tempada en casa

 

Faltou pouco para que o resultado fose ben distinto, de feito lograba levantar un 1-4 en contra en apenas 40 segundos pero finalmente o Pizarras Los Tres Cuñados FS caía ante o Bueu na estrea da tempada en casa, no pavillón de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras.

O disputado na tarde deste sábado 24 de setembro foi un partido con dúas partes moi diferentes entre si. Igualdade na primeira, con moitas ocasióna para ambos lados que os porteiros e os porteiros se encargaban de manter a raia chegando ao descanso co 1-1 no marcador. Foi unha metade ben xogada por ambas partes sendo Hamza que abría o luminoso para os valdeorreses no minuto 2.

 

 

A segunda metade foi outra historia, cos coruñeses enfilados sobre o terreo de xogo, anotando unha e outra vez ata chegar ao 1-4. A partir de aí os de Felipe lograban levantar o marcador grazas aos goles de Bencho (26′), Raúl (31′) e finalmente un gol en propia meta dos pontevedreses establecía o 4-4 a falta de 40 segundos. Cando xa se daba o empate como mal menor nun erro defensivo os visitantes marcaban o tanto do desempate e os tres puntos marchaban para Bueu.

Tralo empate da primeira xornada en Ourense ante o Cidade de As Burgas e esta derrota en casa, os valdeorreses sitúanse no posto 12 do grupo Sur de Preferente. A próxima semana viaxarán ata terras pontevedresas para enfrontarse ao Baiona Linense.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button