OurenseÚltima hora

O pleno extraordinario do Concello de Ourense aproba a moción de apoio ao Ateneo

Entrada do Ateneo no local da avenida da Habana.

O pleno extraordinario do Concello de Ourense aprobou, esta mañá, por 19 votos a favor (PP, PSdeG-PSOE e OUenC) e 6 en contra (DO) a proposta do Grupo Municipal Socialista e de Ourense en Común para que se inste ao Goberno municipal a que esixa á Xunta de Galicia a cesión urxente e gratuíta dunhas instalacións no actual edificio da Biblioteca Pública de Ourense ou noutro recinto de titularidade autonómica co fin de evitar a desaparición do Ateneo de Ourense.

Ante esta boa nova, dende o Ateneo emitiron un comunicado no que agradecen a colaboración por parte do Concello. Dende a plataforma lamentan “que non se acadase unha resolución unánime debido ao voto en contra do grupo de Democracia Ourensana”, rezan no comunicado. A plataforma considera que “é tempo de que a Xunta de Galicia adoptase as decisións necesarias que garantan un espazo digno para que o ateneo Ourensán poida continuar coa súa actividade habitual así como aquelas outras que garantan a súa supervivencia no tempo”.

Artigos relacionados

Back to top button