ConcellosÚltima hora

O potencial das tecnoloxías 4.0 para a empresa, no Barco

Unhas 30 persoas asistían na Casa Grande de Viloira á xornada "Industria e empresa 4.0. As claves da empresa intelixente"

 

Robótica, realidade virtual, big data, analítica de datos, ciberseguridade, integración de sistemas ou impresión 3D como ferramentas empresariais. As tecnoloxías intelixentes ou o uso intelixente da tecnoloxía ábrelle un enorme potencial ao mundo da industria, e da empresa en xera,l e así se poñía de manifesto no Barco no decurso da xornada “Industria e empresa 4.0. As claves da empresa intelixente”, que se desenvolvía ao longo da mañá deste 5 de outubro na Casa Grande de Viloira coa participación dunhas 30 persoas.

Esta iniciativa (promovida polo Círculo Financeiro de Galicia, apd, Xunta e AEVA) é un roadshow ou ciclo de encontros cos que se está a percorrer a xeografía galega. Comezaba na cidade de Ourense, seguía en Lugo e agora no Barco, e despois estará no Barbanza e en Vilagarcía de Arousa. Pretende ser unha “mostra viva (escaparate) do presente e futuro da industria e a empresa en Galcia e no mundo”.

A xornada, que abría pasadas as nove e media da mañá a presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras, Araceli Fernández del Palacio; comezaba coa ponencia “Aposta pola industria 4.0 das Pemes galegas” de José Manuel Fernández, subdirector de Desenvolvemento de Negocio do Igape.

A partir das dez e media plantexábase un percorrido “polas tecnoloxías habilitadoras da industria 4.0 (intelixente)” da man de Lucía Míguez (“Fabricación aditiva e impresión 3D”), Aitor Fernández (“Robótica colaborativa”) e Javier Dávila (“Realidade virtual/aumentada (mixta)”), seguido dun coloquio. O dinamizador e moderador era Pablo López, business development Incotec. A xornada completábase cun networking empresarial.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button