
As festas de verán da Rúa celebraranse neste 2024 do 1 ao 4 de agosto e o grupo municipal do PP da Rúa solicitou a “convocatoria urxente dun pleno extraordinario” sobre as mesmas e a inclusión na orde do día a proposta do Grupo Municipal Popular que inclúa dous acordos.
Por unha banda que “o Concello da Rúa celebrará as Festas da Estación deste ano 2024 no entorno da ‘Estación’ sen que as actuacións musicais incluídas na programación, así como as atraccións de feira, poidan ser obxecto de cambio de ubicación fóra dese entorno”. E tamén que “o Concello da Rúa executará as actuacións e medidas de seguridade necesarias para que a celebración das festas mencionadas se adapte á normativa vixente sen ocasionar peruízo algún ao sector hostaleiro, aos cidadáns e aos visitantes da localidade.



