PolíticaÚltima hora

O PP de Ourense terá aos seus cabezas de lista ás eleccións locais antes de que remate o ano

Así se anunciaba durante a Xunta Directiva do PP de Ourense, que contaba coa asistencia de Alfonso Rueda

 

Durante a celebración da Xunta Directiva do PP de Ourense, que contaba coa asistencia do presidente do PP galego e da Xunta, Alfonso Rueda; o responsable provincial deste partido, Manuel Baltar, anunciaba que “antes de que remate o ano teremos aos 92 cabezas de lista que traballarán para conseguir a maioría na Deputación e superar o récord histórico de alcaldías”. Ademais reivindicaba que a formación está “preparada para unha gran vitoria o vindeiro 28 de maio.

Enxalzando a Manuel Cabezas como “o mellor alcalde da historia de Ourense”, Baltar prometeulle “traballo” para que “xunto ao seu equipo acometa a segunda gran transformación da cidade para situala de novo á vangarda de Galicia”.

 

 

Pola súa banda, Alfonso Rueda apuntaba que “Galicia necesita aos seus motores económicos e Ourense é un deles”, afirmou o presidente do PPdeG ao tempo que sostiña que “esta provincia ten moito que dicir en sectores estratéxicos da Comunidade” e que por iso os Orzamentos da Xunta para 2023 “cren en Ourense”.

E referíndose a Ourense como un deses concellos que “necesitan un novo impulso”, o presidente do PPdeG ensalzou a figura de Manuel Cabezas como candidato á alcaldía da cidade: “É o cambio a mellor. Nas formas e no fondo”.

Artigos relacionados

Back to top button