
O grupo muncipal do PP de Vilamartín, a través do seu portavoz, José Pinto, vén de manifestar publicamente a súa petición de que o Concello repare a varanda da praza José Luis Núñez da vila. “Esta varanda que se atopa xunto ao parque infantil no centro da praza supón un perigo, o alcalde é coñecedor do problema e a día de hoxe segue sen facer nada”.
“Pedímoslle ao alcalde que solucione os problemas dos veciños”, sinala o concelleiro popular, matizando que esta demanda xa se lle transmitiu ao Concello hai ano e medio.