PolíticaÚltima hora

O PP di no Parlamento galego que a Xunta está a acometer dende o 2022 unha actualización integral do Rexitro Vitícola

O deputado popular Juan Casares sinalaba no pleno que supón "unha ferramenta esencial para o desenvolvemento das competencias dos consellos reguladores das denominacións de orixe galegas"

O deputado do PP, Juan Casares./ Cedida.

 

O deputado do Grupo Popular Juan Casares sinalaba o 9 de outubro durante o pleno do Parlamento galego que o Rexistro Vitícola de Galicia é “unha ferramenta esencial para o desenvolvemento das competencias dos consellos reguladores das denominacións de orixe galegas”, indicando ademais que desde o ano 2022 “a Xunta está a acometer unha actualización integral do mesmo, para conectalo co Rexistro Xeral de Explotacións Agrarias de Galicia e implementar innovacións como o acceso gráfico das parcelas”.

Juan Casares explicou que o Rexistro Vitícola de Galicia “é un rexistro informático único, público e de natureza técnico-administrativa, fundamental para coñecer a situación real do potencial vitícola da Comunidade galega”. Máis en concreto, apuntou que “serve para xestionar determinados procedementos administrativos das plantacións, o seguimento e control da evolución das superficies de viñedo, e como base de datos e fonte das estatísticas oficiais do sector, en particular do inventario vitícola de Galicia”.

“Unha foto real”

Casares Gándara apuntaba tamén que ese rexistro “nace coa vocación de reflecti-la realidade vitícola de Galicia a través de datos da titularidade, identificación e localización das explotacións vitícolas así como das parcelas de viñedo que as constitúen”.

O deputado popular manifestou que “falamos dun rexistro actualizado, solidariamente co dos Consellos Reguladores, que permita a estes traballar cunha foto real, o que se traduce en coñecer o seu tamaño real tanto en superficie produtiva como en efectivos, facilitar o seu labor de control, garantir a orixe e calidade do produto e ser un aliado eficiente na prevención do fraude”.

Respecto do persoal, Juan Casares explicou que a Consellería do Medio Rural ten a disposición do Rexistro Vitícola “os efectivos que lle permite a día de hoxe a relación de postos de traballo no Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense: un administrativo e tres técnicos”. No caso do servizo na comarca de Valdeorras, conta con tres técnicos en Viloira (O Barco) e outro na oficina de A Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button