PolíticaÚltima hora

O PP pide 91 millóns de euros máis para a provincia nos orzamentos estatais para 2022

Presentáronse 30 emendas para “corrixir o agravio e o trato discriminatorio coa provincia”

 

O PP de Ourense daba a coñecer hoxe o contido das 30 emendas presentadas polos representantes populares no Congreso e no Senado contra os orzamentos xerais do Estado para 2022 destinados á provincia. Estas emendas piden un incremento de 91 millóns de euros “para corrixir o agravio e o trato discriminatorio para con Ourense”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, nunha comparecencia diante dos medios de comunicación na que estivo acompañado por Ana Vázquez, Celso Delgado, Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco José Fernández. Manuel Baltar felicitou aos deputados e senadores polo seu “traballo serio e rigoroso.

A deputada Ana Vázquez sinalou pola súa banda que as trinta emendas rexistradas polo PP de Ourense van na procura “dun maior investimento na provincia, onde o goberno de Sánchez só consignou 157,5 millóns de euros, notoriamente inferiores aos 414,72 millóns dos orzamentos de 2018 aprobados polo goberno de Rajoy”.

Un paquete de medidas, dixo pola súa banda Celso Delgado, “que forman parte das case 2.100 emendas parciais que o grupo parlamentario popular rexistrou aos orzamentos xerais e que van na dirección que necesita España para a súa reactivación económica”.

As emendas relativas á infraestruturas piden 25,9 millóns de euros máis para a provincia, con referencias a proxectos como os da A-76 (Ponferrada-Ourense). Neste senso piden que “o tramo máis avanzado administrativamente, A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras, reciba 3 millóns de euros e así posibilitar a licitación dunhas ansiadas obras en Valdeorras”. Tamén se presentou outra emenda de 200.000 € para o seguinte tramo, A Veiga de Cascallá-Requejo (León).

Ademais os populares indicaban que, “observando ademais que no proxecto orzamentario socialista non figura ningunha consignación específica para a mellora da seguridade viaria na intersección de Ribela (Coles) na N-525, rexistrouse unha emenda de 500.000 € para posibilitar a licitación das obras. E igualmente, ante a ausencia de consignación para a remodelación do enlace da Rúa na N-120, presentouse outra emenda por importe de 200.000 €. Tamén outra emenda de 200.000 € para o proxecto de enlace e reordenación de accesos da N-120 en Vilamartín de Valdeorras”. Presentouse tamén unha emenda por importe de 500.000 € para o proxecto de carrís de adiantamento entre Os Peares e Ourense, “unha actuación que contribuiría a solucionar os problemas xerados polas liñas continuas que impiden os adiantamentos durante máis de vinte e dous quilómetros”.

No que atinxe ás infraestruturas ferroviarias, os populares presentaron emendas que piden un total de 59,9 millóns de euros.

Artigos relacionados

Back to top button