ConcellosO BarcoÚltima hora

O prazo de inscrición para a Festa das Pandillas do Cristo 2024 do Barco estará aberto ata o 9 de setembro

Pode facerse, presencialmente no terceiro andar do Edificio Multiusos ou a través da web do Concello

O ano pasado a Festas das Pandillas foi baixo unha carpa, no campo da festa, por mor da chuvia./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Desde hoxe está aberto o prazo de inscrición para a Festa das Pandillas das Festas do Cristo no Barco, que se celebrará o domingo 15 de setembro a partir das 12 horas na Praia Fluvial do Malecón.

Comezará cunha actuación da charanga Unión Fhenosa, de acceso libre para todo o público, e continuará cun xantar popular para o que é necesario que as pandillas se inscriban previamente. A charanga volverá a actuar unha vez rematado o xantar.

A inscrición para o xantar terá un custo de 10 euros por persoa, que se pagarán o día de celebración da festa, no espazo habilitado para a mesma. Os nenos menores de tres anos que asistan non deberán ser inscritos nin pagarán a cuota establecida para a inscrición.

Cada pandilla deberá ter como mínimo 4 integrantes, e nomeará a un representante, que será o encargado de facer o pago da cuota de inscrición de todos os integrantes da pandilla á que represente. Cada grupo deberá levar un elemento que a identifique (pano, gorra, camiseta, etc…) e haberá prazas limitadas. As inscricións poden realizarse ata o día 9 de setembro, de dúas formas: de xeito presencial, no terceiro andar do Edificio Multiusos, ou por medio do formulario ao que se accede no seguinte enlace: https://forms.gle/T5xVHVtJJbBV92TaA

Artigos relacionados

Back to top button