ConcellosO BarcoÚltima hora

O prazo de inscrición para o Campamento de Verán do Barco abrirase o xoves 23 de maio

Este ano o campamento desenvolverase nas instalacións do CEIP Julio Gurriarán

Este ano o campamento desenvolverase no CEIP Julio Gurriarán.

 

Este xoves, 23 de maio, abrirase o prazo de inscrición para o Campamento de Verán “Imaxina, conta e crea co Mago de Oz”, organizado polo Concello do Barco e a Asociación Vagalume. O campamento desenvolverase nas instalacións do CEIP Julio Gurriarán entre o 1 de xullo e o 30 de agosto, en horario de 10 a 13 horas, con opción de ampliar a estancia dos participantes entre as 9 e as 14 horas.

A recollida das follas de inscrición e entrega das mesmas, unha vez cumprimentadas, pode facerse tanto na Biblioteca Pública Municipal Florencio Delgado Gurriarán, no horario habitual de apertura, como na librería Praxis. As inscricións estarán abertas ata o día 25 de xuño e teñen que ser como mínimo por períodos quincenais, cun prezo de 60 euros por cada quince días de estancia e 100 polo mes completo. “Se os
interesados queren unha ampliación de horario, o custo é de 15 euros por cada hora extra do servizo de agarda”, puntualizan dende o Concello, asegurando que polo momento non hai prazas limitadas.

 

 

O ano pasado foron preto de 300 os nenos que participaron no campamento urbano de verán e para o campamento deste ano esperase unha demanda parecida. Os nenos participantes estarán atendidos por unha coordinadora e 12 monitores, e gozarán de actividades de contos creativos, excursións, obradoiros, manualidades, xyncanas, piscina, ioga, orientación, xogos en familia…

Artigos relacionados

Back to top button