CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O prazo de inscrición para os cursos de Formación e Seguridade do Cazador remata o 15 de setembro

Están organizados pola Federación Galega de Caza e desenvolveranse na aula virtual da Escola de Caza do 1 ao 27 de outubro

Como cada ano, a Federación Galega de Caza activa a aula virtual da Escola de Caza para convocar os cursos de formación en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Os cursos están dirixidos a directivos das sociedades de caza, responsables de cazarías, xestores cinexéticos, gardería, administrativos e, por suposto, a cazadores en xeral que desexen adquirir coñecementos tan importantes no eido da formación de responsables de sociedades de caza, prevención e seguridade na práctica cinexética, enfermidades da fauna cinexética e a manipulación no consumo de carne de caza e a xestión dos residuos non comestibles.

 

 

Os cursos estarán dispoñibles no campus virtual da FGC, as 24 horas do día e os 7 días da semana, dende o día 1 ata o día 27 de outubro. Durante este período os alumnos poderán conectarse á formación dende calquer punto de Galicia e nas datas e horarios que máis se adapten ás súas necesidades.

A matrícula é aberta e gratuíta, formalizarase enviando por correo electrónico o boletín de matrícula dispoñible na web escoladecaza.gal federaciongalegadecaza.com ou en calquera das sedes da FGC. O prazo de matrícula remata o 15 de setembro.

Artigos relacionados

Back to top button