CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O prazo para inscribirse no IV Campus de Fútbol de Verán do CD Rúa estará aberto ata o 23 de xuño

Igual que nas últimas edicións o campus desenvolverase en tres quedas no mes de xulo: do 3 ao 7, do 10 ao 14 e do 17 ao 21

Anterior edición do campus./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Un ano máis coa chegada do mes de xullo chegará tamén o Campus de Fútbol de Verán que o CD Rúa está preparando para nenos e nenas de entre 3 e 16 anos.

Coa colaboración do Concello da Rúa e da Deputación de Ourense o campamento desenvolverase coma sempre no campo de herba artificial Vicente Solarat Maceda mantendo as tres quendas das últimas edicións: do 3 ao 7 de xullo, do 10 ao 14 e do 17 ao 21.

O horario desta VI edición será de luns a venres de 9:30 a 14 horas e a data límite para inscribirse é o 23 de xuño. O prezo irá en función das semanas (1, 2 ou 3), de se os nenos pertencen ou non do CD Rúa e de se os inscritos son irmáns.

 

Artigos relacionados

Back to top button