En portadaGalerías de fotosO Sil agosto 2016Última hora

O pregón de Rafael López inaugura a XX Festa das Covas de Vilamartín

O oncólogo vilamartinés foi o pregoeiro da cita que reunirá este sábado a miles de persoas

Mañá celébrase a partires das 20:30 horas, a XX Festa das Covas organizada pola Asociación de Coveiros de Vilamartín en colaboración co Concello que acollerá a miles de persoas. Pero antes, como nas últimas edicións, tiña lugar una celebración previa, especialmente pensada para os coveiros.

Pasadas as oito e media do venres día 5 de agosto o oncólogo vilamartinés, Rafael López, era o encargado de inaugurar a festa coa lectura do pregón. O xefe de oncoloxía no Hospital de Santiago, fixo un repaso polas orixes romanas do viño, sen esquecerse da súa familia (pais, dona, fillos,…), da súa infancia nos viñedos familiares… No seu discurso, López asegurou sentirse “orgulloso de ser aquí, fillo e neto dunha familia que vendía niño”, facendo dúas encomendas aos alí presentes: “bebede e brindade por Dionisio pero con moderación e loitade pola humanidade”.

O doutor rematou a súa intervención pedindo tres desexos: “poder seguir loitando cada día por eliminar o cancro, que o godello de Valdeorras sexa o mellor do mundo e que se elimine o mildiu desta terra”.

De seguido rendíase homenaxe a tres coveiros: Manuel López Fernández, Ricardo Martín Losada e Aníbal Cid Fernández, antes de continuar cunha mini-ruta pola zona de Cerdeirais.

Fotos: Carlos G. Hervelle.

Artigos relacionados

Back to top button