A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) vén de trasladarlle ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a “urxencia de inxectar diñeiro aos concellosgalegos afogados polos defectos do sistema de financiamento e apandemia do coronavirus”.
Así llo comunicaba o seu presidente, Alberto Varela, ao representante do Estado en Galicia, no primeiro encontro mantido con el. Na xuntanza, celebrada esta mañá, abordouse a “preocupante situación das arcas municipais, agravada tanto polos custos das medidas fronte a crisesanitaria como polas axudas sociais á cidadanía ou ás pymes que están a prestaras entidades locais”.
O presidente da Fegamp solicitou tres medidas fundamentais para os concellos: “a transferencia do 15% dos fondos europeos de reconstrución para que os xestionen directamente os concellos, a devolución do IVE pendente de 2017 (que no caso dos concellos galegos suma45 millóns de euros), e a imperiosa necesidade de aumentar a aportación económica ao Servizo de Axuda no Fogar, sufragado maioritariamente polos concellos a pesar de que ía recaer no Estado e nas Comunidades Autónomas”.
A este respecto Varela suxeriu o establecemento de transferencias de carácter finalista que garanten un adecuado financiamento deste servizo esencial. Ao termo dunha xuntanza “cordial e construtiva”, o presidente da Fegamp salientou “a consciencia” de José Miñones da realidade municipal trala súa experiencia como alcalde de Ames e confiou que a súa empatía e coñecemento axudarán a prestar o mellor apoio á administración local.