EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O presidente de comité de empresa de Irosa e Samaca recolle o Premio Etelvino Blanco ao “compromiso cívico sindical”

 

“Este 14 de febreiro para nós é un día moi importante”, dicía Anxo Pérez Carballo, secretario comarcal de CIG Ourense, na apertura do acto de entrega do “II Premio Etelvino Blanco ao compromiso cívico e sindical”, que se celebraba nesta tarde no salón de actos da Casa Sindical de Ourense. Referíase á conmemoración do 40º aniversario da primeira Folga Xeral que se rexistrou en Ourense, data escollida para entregar este galardón que desta volta distinguía aos traballadores das empresas Irosa e Samaca.

O galardón era entregado pola filla de Etelvino Blanco, Noela Blanco, e recollido polo presidente do seu comité de empresa, Ramón Doporto, quen agradecía o recoñecemento e tamén a colaboración e apoio dos seus compañeiros durante a loita sindical para manter os postos de traballos de Irosa e Samaca. “Estou orgulloso de formar parte do que considero a gran familia do que é a CIG”.

 

 

Entre os asistentes ao acto estaban membros do comité de empresa de Irosa e Samaca, o secretario local da CIG en Valdeorras, Francisco Moral, así como o secretario xeral da CIG, Pablo Carril, entre outros membros da executiva nacional do sindicato. No decurso do acto tamén se proxectaba un vídeo que lembraba a difícil situación vivida nestas dúas empresas da lousa e o labor realizado polos membros do seu comité de empresa.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button