CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O presidente do CD Barco dá “as grazas polo apoio recibido” e pide “perdón por esta nefasta tempada”

Vén de emitir un comunicado no que asegura que "proximamente será o comezo do noso 50 aniversario, queremos volver e volver aínda máis fortes respetando como non á categoría na que nos imos atopar con grandes equipos e farémolo coma sempre dentro dun rigor financieiro, pero cun proxecto sólido e ilusionante"

O presidente do CD Barco, Nilo Ramos.

 

Dous días despois de que o CD Barco despedise a tempada e a súa etapa en Terceira, o presidente e máximo responsable do club, Nilo Ramos, emitía un comunicado dando “as grazas polo apoio recibido ao largo desta tempada” e á vez pedindo “perdón por esta nefasta tempada”.

Grazas por ser ser o noso apoio e facer de Calabagueiros un fortín inexpugnable durante estes 19 anos. Grazas pola vosa ilusión e tesón en partidos memorables (Abegondo, Vero Boquete, Ferrol, etc.). Grazas por alentarnos lonxe de casa representando sempre con educación e humildade o noso banquiño. Grazas por estar con nós en partidos épicos como os disputados en Balaídos ou Anxo Carro que marcarán unha época na nosa retina e nos nosos corazóns. Pero sobre todo grazas por estar con nós na despedida do equipo aplaudindo e dando ánimos ata o último minuto. Sodes un exemplo para moitas afecccións e só podemos quitarnos o sombreiro ante vos.

Grazas tamén a todos eses xogadores e técnicos que nos acompañaron ao longo deste periplo, moitos dos cales son hoxe grandes amigos.

Pero amigos a vida continúa, un ciclo termina e ábrese outro aínda más ilusionante. A historia dícenos que nunca nada nos regalaron e iso tennos que facer aínda máis rudos e fortes.

Proximamente será o comezo do noso 50 aniversario, queremos volver e volver aínda máis fortes respetando como non á categoría na que nos imos atopar con grandes equipos e farémolo coma sempre dentro dun rigor financieiro, pero cun proxecto sólido e ilusionante.

Din que só choran os que non teñen nada máis que ofrecer e a este club e a esta afección sóbranlle argumentos para volver.

Por eso pido hoxe máis que nunca unión, ilusión e traballo aos nosos seguidores, patrocinadores e institucións. É evidente que este equipo vai estar onde a súa afección queira e non teño dúbidas de que queremos estar moi arriba.

Sen máis e como di o refrán “Medina así non termina”.

Imos@@@
Volveremos@@@

Presidente, Nilo Ramos

Artigos relacionados

Back to top button