ConcellosEn portadaÚltima hora

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, visitará Valdeorras este martes

O presidente do Goberno nunha visita ao persoal da UME nas zonas afectadaas polos incendios en Estremadura. Foto: Pool Moncloa/Fernando Calvo. Monfragüe (Cáceres).

 

Este martes está prevista a visita a Valdeorras do presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, para ver sobre o terreo os labores de extinción do incendio forestal que afecta aos municipios de Carballeda de Valdeorras, Rubiá e O Barco, e que arestora continúa activo.

A visita espérase pola tarde e prevese que se achegue ata o posto avanzando de coordinación dos incendios, na Casa Grande de Viloira (O Barco).

Nesta visita, segundo a información feita pública por Moncloa, estará acompañado pola vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Despois recoñecerá sobre o terreo os traballos de extinción dos incendios.

Artigos relacionados

Back to top button