Un cuarto de hora despois das badaladas que marcaban o inicio do 2020 nacía no Hospital Comarcal Valdeorras do Barco o primeiro neno deste ano novo: o barquense Iago. É fillo de Elena e de Roberto.
Unha hora despois, nacía no Complexo Hospitalario Ourensán, o segundo ourensán do novo ano: Leo, fillo de Eva e Bruno, de Xinzo de Limia.
