A RúaConcellosO BarcoÚltima hora

O primeiro Orgullo LGTBI+ da historia en Valdeorras, previsto para o 30 de xuño, xa ten programa

Os actos terán lugar no Barco e na Rúa e a iniciativa está promovida por un grupo de mozos destes dous concellos

Os xoves promotores da iniciativa./ Cedida.

 

Dous serán os escenarios dos actos para celebrar o primeiro Orgullo LGTBI+ da historia en Valdeorras: A Rúa e O Barco. A data: o 30 de xuño. E, o lema, “Loitemos por un mundo sen prexuízos!”. Trátase dunha iniciativa promovida por un grupo de xoves da Rúa e do Barco co fin de “reivindicar dereitos e visibilizar a diversidade sexual e de xénero, que tamén existe na nosa comarca”. Así mesmo din que buscan “concienciar á sociedade sobre a necesidade de respectar os dereitos e a dignidade das persoas, independentemente da súa orientación sexual ou identidade de xénero”.

O programa de actos previstos na primeira edición deste evento é o seguinte. No caso da Rúa, entre as 12h. e as 14h. faranse lectura de manifestos na praza do Concello, onde tamén se instalará unha mesa informativa.

 

 

 

Xa pola tarde e no Barco, a partir das 19h., tamén na praza do Concello desta vila instalarase unha mesa informativa, cunha urna onde as persoas que o desexen, poderán escribir nun papel as súas dúbidas ou preguntas. Tamén haberá lectura de manifestos, así como unha actuación musical a cargo do grupo valdeorrés Distopik, que ademais dos seus habituais temas de rock, interpretará algunha peza especial con motivo da celebración deste evento.

 

Artigos relacionados

Back to top button