Cun empate ante o Vilamarín se estreaba o C.D. Rúa de Luis María Ferrer na liga en segunda autonómica. Na tarde do 8 de setembro os amarelos saltaban ao terreo de xogo, no campo rues Vicente Solarat Maceda, despois das vitorias da base na xornada anterior (cadetes e infantís vencían aos seus correspondentes rivais), pero o resultado non se repetía malia que eran os locais os que se adiantaban no marcador.
Da man de Brais chegaba o primeiro gol do encontro aos sete minutos de comezar, e no sería ata pasada a media hora de encontro cando outro Brais marcaba para os locais logrando o empate. Un empate que se mantería ata o pitido final co correspondente reparto de puntos.
Co primeiro punto no historial desta tempada, o Rúa pensa xa no seguinte partido que o levará ata Coles na segunda xornada de liga, o vindeiro domingo 15 de setembro.
Fotos: Carlos G. Hervella.