CulturaCulturaÚltima hora

O primeiro Valle-Inclán en galego chega ao Teatro Lauro Olmo do Barco

Sobre o seu escenario representarase “A cabeza do Dragón”, de Producións Teatráis Excéntricas, o venres 24 de marzo ás 21h.

 

Unha das escenas da obra “A cabeza do Dragón”.

 

É unha das obras máis agardadas deste ano 2017 en Galicia. Tras a súa estrea a primeiros de marzo, “A cabeza do Dragón” poderá verse o vindeiro venres 24 de marzo ás 21h. no Teatro Lauro Olmo do Barco. Trátase do primeiro Valle-Inclán en galego e vén da man de Producións Teatráis Excéntricas.

Conta con dramaturxia e dirección de Quico Cadaval, que comparte escenario cun destacado elenco de actores: Iván Marcos, Yelena Molina, María Costas, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto e Marcos Orsi. Tamén destaca o equipo artístico encabezado por Baltasar Patiño no deseño de escenografía e espazo lumínico e Suso Montero no deseño de vestiario, atrezzo e diseño gráfico.

“A cabeza do Dragón” ten sido incluída polo seu autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou, de xeito irónico, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. A historia conta a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo. Ademais esta versión en galego coincide co 80 aniversario da morte de Valle-Inclán.

As entradas da obra (5 euros) poranse á venda una hora antes na billeteira do Teatro Lauro Olmo e tamén na oficina do Teatro o xoves e o venres de 9 a 14h.

 

Cartel da obra.

Artigos relacionados

Back to top button