CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

O profesorado do CEIP Condesa de Fenosa do Barco envía un vídeo de ánimo para o seu alumnado

“Seguimos xunt@s nesta loita”. É a mensaxe que o profesorado do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras lle transmitiu ao seu alumnado a través dun vídeo de ánimo publicado na súa web.

“Estamos moi orgullos@s do exemplar que está sendo o confinamento de tod@s @s nen@s do Barco e, en especial, do noso alumnado”, aseguran dende centro que decidían facer este pequeno vídeo “para que nos sintan preto; porque somos un equipo que unido, pero cadaquén dende o seu fogar, vai parar o coronavirus”.

O vídeo pode verse no seguinte enlace:  https://youtu.be/SOs-YUYKkEo

Artigos relacionados

Back to top button