CulturaCulturaÚltima hora

O proxecto “Flores no Camiño” repartirá 1.000 plantas de flor no Barco

 

Ponse en marcha a cuarta edición do proxecto “Flores no Camiño”, dentro do que o Concello do Barco repartirá aproximadamente 1.000 plantas de flor aos veciños residentes nas rúas do Barco polas
que pasa o Camiño de Inverno.

Ao igual que nas anteriores edicións, o Concello entregará as plantas de surfinia, petunia, geranio, conchita e verbena aos veciños residentes nas rúas indicadas, e que soliciten a súa participación ata o día 126 de abril. Poden facer a solicitude (na que tamén poden elixir o tipo de planta de flor que prefiran) de varias formas: ben de xeito presencial na Oficina de Turismo do Barco (r/Marcelino Suárez, 28, baixo), por correo electrónico no seguinte mail infoturismo@concellodobarco.org, ou no teléfono 604076918.

 

O Concello entregará as plantas, cun máximo de 6 unidades por vivenda e ata completar existencias, o sábado 4 de maio, de 11 a 13 horas na Praza de Abastos. Os solicitantes só se terán comprometer a completar con flores propias o total das súas balconadas ou terrazas.

Artigos relacionados

Back to top button