EconomíaEconomíaÚltima hora

O proxecto “Galicia Camiño Emprendedor” fará 2 etapas do Camiño de Inverno en Valdeorras

Neste setembro varias persoas emprendedoras, acompañadas de persoas mentoras e do equipo de Fundación Ronsel realizarán, dentro do programa "Galicia Camiño Emprendedor", o percorrido do Camiño de Inverno entre Puente de Domingo Flórez e A Rúa, en 2 xornadas con parada e pernoita no Barco

Mouteira de lousa no Camiño de Inverno ao seu paso por Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Ponse en marcha una nova edición do programa “Galicia Camiño Emprendedor” compartindo entre persoas mentoras e emprendedoras unha etapa do Camiño de Santiago co obxectivo principal da mellora dos proxectos participantes e a xeración de contactos profesionais, empregando a metodoloxía de mentoría “Facendo Camiño”.

Este proxecto (promovido pola Xunta de Galicia, xunto coa Fundación Ronsel), aberto ás persoas emprendedoras, levará a cabo 3 etapas máis nas restantes provincias galegas, achégase en primeiro lugar ata o Camiño de Inverno neste mes de setembro. A actividade dividirase en dúas xornadas, os días 27 e 28 de setembro, para realizar o recorrido entre Puente de Domingo Flórez e O Barco, na primeira xornada, e entre O Barco e A Rúa, na segunda.

“O que busca este programa é promover Galicia e o Camiño de Santiago como destino de lecer e actividade económica, realizando percorridos con emprendedores nos Camiños de Santiago nas 4 provincias galegas. Búscase dar apoio aos emprendedores e autónomos axudándoos a consolidar os seus negocios e promover nas empresas a sustentabilidade, vinculando os seus negocios aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ou ODS da axenda europea”, aseguran os organizadores da iniciativa.

As próximas etapas terán lugar os días 19 -20 de outubro na provincia de Lugo, o 23-24 de novembro en Pontevedra e o 13-14 de decembro na Coruña.

As persoas emprendedoras interesadas poden inscribirte aquí https://oficinadoautonomo.gal/inscricion-programa-camino-emprendedor-2023 As prazas son limitadas.

Para máis información sobre este programa podedes consultar aquí https://galiciacaminoemprendedor.gal/

Artigos relacionados

Back to top button