CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O proxecto Ruagua, centrado no horto urbano, na Semana Cultural do Pablo VI-Fátima da Rúa

 

Continúan as actividades da Semana Cultural 2024 no Colexio Pablo VI-Fátima. Na xornada deste mércores 22 de maio, Día de Santa Rita, era o turno dun dos actos de conmemoración do 60º aniversario do centro titulado “Legado Horto Urbano”, unha actividade de co-creación no marco do Proxecto Ruagua da Rúa relacionada co horto urbano.

 

 

Ruagua é un proxecto impulsado por Cetaqua, Aqua Ourense e o Consorcio de Augas de Valdeorras, coa financiación da Fundación COTEC en colaboración con IKEA, a través da iniciativa Proyecto DEMOS, da que é unha das tres propostas gañadoras.

 

 

Coordinada por Cetaqua (Centro Tecnolóxico da Auga), a actividade “vai máis aló da simple produción de alimentos. Trátase de cultivar valores fundamentais como o respecto pola natureza, a educación integral e o fortalecemento da comunidade. Cremos que deixar un legado a través dun horto urbano é unha forma duradeira de impactar nas xeracións futuras”, aseguran dende o Pablo VI.

 

 

No acto celebrado esta mañá e presentado polo director do centro José Fernández de Abajo, participaban Víctor Comesaña e Sonia del Pont (Aqua Ourense); Sergio Santorio, Project Manager-investigador, Ainhoa Quina, enxeñeira de Deseño Industrial, Xiana Meda, periodista formada en comunicación ambiental e dixital, e Cristóbal Vergara, enxeñeiro ambiental (CETAQUA); e María Carmen González Quintela, delegada especial da Deputación de Ourense en Valdeorras.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button