PolíticaÚltima hora

O PSdeG presentará unha moción no pleno de Viana para pedir unha rebaixa no IBI do 2019

Ademais presentarán outras dúas iniciativas “solicitando ao pleno a instalación de sinalizacións identificativas para dirixirse a cada un dos nosos pobos e que, as mesmas, representen os elementos más significaivos que se atopan en cada un deles”
O concelleiro socialista en Viana do Bolo Santiago Barja./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A través do seu concelleiro en Viana do Bolo, Santiago Barja, o partido socialista presentará no vindeiro pleno deste concello, previsto para o 28 de novembro, unha moción sobre o Imposto de Bens Inmobles (IBI). En concreto na súa moción “solicitará a incorporación nos orzamentos do ano 2019, dunha rebaixa do 20 ou 10% en todos e cada un dos recibos do Imposto de Bens Inmobles para o ano 2019, redución ou bonificación que se aplicaría sobre o incremento que se produxo no presente ano 2018”.

No texto da moción, o partido socialista apunta que “toda a veciñanza, e de maneira significativa, as aldeas da bisbarra, viron como se levou a cabo unha regularización de edificacions, á que se aplicou, en moitos dos casos, unhas valoracions fóra do razoable, ao non faceser visitas ao interior das mesmas para a valoración do seu estado. Noutros casos, identificando curros, galiñeiros e alpendres, coma de uso habitacional”.

Tamén indican os socialistas que “as contas do Concello, coa anterior e coa actual corporación, presentan un estado saudable, sen débedas financeiras e con remanente, o que lle permite acometer ós investimentos necesarios para o benestar da veciñanza e, ao mesmo tempo, repartir esta bonanza cos veciños véndose beneficiádoos na rebaixa do IBI”.

Entre as mocións que presentarán os socialistas no vindeiro pleno de Viana tamén figuran unha sobre a necesidade de “seguir impulsando medidas contidas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero” e outras dúas “solicitando ao pleno a instalación de sinalizacións identificativa para dirixirse a cada un dos nosos pobos e que, as mesmas, representen os elementos más significaivos que se atopan en cada un deles”.

Artigos relacionados

Back to top button