PolíticaÚltima hora

O PSOE levará ao pleno do Barco unha moción sobre o canon de Sogama

 

O grupo municipal do PSdeG-PSOE do Barco vén de anunciar que levará ao pleno de setembro deste concello unha moción relativa ao canon de Sogama, pedindo que se manteña o “actual canon por tonelada de residuos xestionada que pagan os concellos a Sogama e avanzar cara novas fórmulas de xestión de residuos máis respectuosas co medio ambiente”.

Así no acordo da moción, que presenta Aurentino Alonso e que someterán ao acordo da Corporacion municipal, platexan as seguintes propostas:

“PRIMEIRA.- O Concello do Barco de Valdeorras rexeita a suba do canon que pagamos os concellos galegos a SOGAMA pola xestión do lixo, decidida unilateralmente pola Xunta de Galicia para os vindeiros meses e anos. Cando ademáis, o concello do Barco, a través da súa veciñanza, está a responder positivamente a todas aquelas campañas que implican unha redución na cantidade de lixo que se envía á planta de Cerceda.

SEGUNDA.- Que o Concello do Barco de Valdeorras inste á Xunta de Galicia a manter o canon actual que pagan os concellos adscritos a Sogama, de 66 euros por tonelada de residuos domésticos xestionada, máis o correspondente IVE, ademais de salvagardar a actual bonificación do 15% deste canon unitario, cos mesmos requisitos que rexeron até o de agora, resultando así un canon bonificado de 56,10 euros por cada tonelada de residuos domésticos xestionada, máis co orrespondente IVE.

TERCEIRA.-. Que o Concello do Barco de Valdeorras inste á Xunta de Galicia á implantación de medidas urxentes para avanzar cara unha xestión descentralizada dos residuos, coa creación de plantas de proximidade, privilexiando a redución e a reciclaxe fronte á incineración e o depósito en vertedoiro, que son as fórmulas empregadas por Sogama e as responsables das acentuadas subas no recibo de recollida e tratamento de lixo”.

Artigos relacionados

Back to top button