EconomíaEconomíaÚltima hora

O PSTD Valdeorras, entre as entidades beneficiadas polo Plan T. de Sustentabilidade Turística de Enogastronomía

Está composto por 3 Actuacións de Cohesión en Destino (ACD), cun investimento de 14,9 millóns de euros, e 11 Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), impulsados por entidades locais, que recibirán un total de 17 millóns de euros, ademais de 2 PSTD nacionais que contan con 2,6 millóns de euros

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá no acto de presentación ás entidades locais o Plan territorial de sostibilidade turística de enogastronomía de Galicia, recentemente aprobado polo Conferencia Sectorial de Turismo, a proposta do Goberno galego.

O Plan, dotado con 34,5M, ten como obxectivo a promoción da nosa comunidade como destino enogastronómico de primeiro nivel, poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas do territorio, como a posta en valor dos territorios vitivinícolas, a mellora da comercialización e da promoción de novos produtos turísticos vinculados á enogastronomía galega, a promoción da xestión sustentable desde os destinos e a potenciación do territorio enogastronómico galego como un espazo de desenvolvemento turístico cun forte contido na dixitalización e na innovación gastronómica.

Este plan contempla, ademais, intervencións referidas ao embelecemento e adecuación dos establecementos de produción enolóxica e alimentaria e das súas contornas para mellorar a imaxe tanto física como dixital dos destinos, potenciando a chegada do AVE a Galicia, así como a mobilidade sustentable, que ten por obxectivo reducir o impacto ambiental dos desprazamentos dos visitantes polo territorio e mellorar a accesibilidade aos lugares de interese dinamizando así a actividade turística.

As intervencións que forman parte do Plan Territorial de Galicia, están composto por 3 Actuacións de Cohesión en Destino (ACD), cun investimento de 14,9 millóns de euros, e 11 Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), impulsados por entidades locais, que recibirán un total de 17 millóns de euros.

Actuacións de cohesión en destino

Inclúense actuacións nos aloxamentos con encanto en destinos enogastronómicos de Galicia para a adecuación de instalacións para a realización de experiencias enogastronómicas; a creación de Galicia Gastro Experience como centro de referencia para a mellora da enogastronomía galega como experiencia turística; e a posta en marcha dunha rede de mobilidade nas cinco Rutas do Viño de Galicia en vehículo eléctrico. Estas tres actuación suman un investimento de 14,9 millóns de euros. 

Plans de sustentabilidade en destino

No marco destes Plans, Galicia presenta 11 que suman un orzamento de 17 millóns de euros, nos que se atopan : 

  1. PSTD Os Fogóns do Anllóns (Carballo, Coristanco, Laracha, Ponteceso, Cabana de Bergantiños) 1.500.000€.
  2. PSTD Et edendo, Lucus: Un percorrido histórico pola enogastronomía (concello de Lugo) 2.000.000€
  3. PSTD Valdeorras, Ruta do Viño Milenaria (O Barco, A Rúa, A Veiga, O Bolo, Petín, Vilamartín, Rubiá, Larouco, Carballeda) 1.500.000€
  4. PSTD Barbanza-Arousa. Viaxe a través da historia dos sabores (Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo) 1.500.000€
  5. PSTD Ribeiro – O Carballiño (Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia, Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea, Padrenda, Pontedeva) 1.500.000€
  6. PSTD Condado Paradanta Destino Enogastronómico (A Cañiza, Arbo,As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño) 1.500.000€
  7. PSTD de Vigo (Concello de Vigo) 2.000.000€
  8. PSTD do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño “Despensa de Galicia” (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño, Tui) 1.500.000€
  9. PSTD O Carballiño e a gastronomía do Polbo (concello de O Carballiño) 1.000.000€
  10. PSTD de A Guarda (Concello A Guarda) 1.000.000€
  11. PSTD O Grove. A Gastromeca. Construción dun novo modelo baseado na emoción e a autenticidade a través da súa cultura gastronómica (Concello do Grove) 2.000.000 €

 

Plan Nacional Enogastronomía

O Plan Nacional de Enogastronomía contempla en Galicia tamén o PSTD da Asociación Terras de Compostela, que conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros da Asociación Terras de Compostela; e o PSTD da Deputación da Coruña, co Plan de Sostibilidade Turística no Destino Vía Verde Compostela – Tambre – Lengüelle, que conta cun orzamento de 1.375.400 euros.

 

Artigos relacionados

Back to top button