En portadaÚltima hora

O público enche o recinto da XXV Feira do Viño de Valdeorras

 

Ás oito desta tarde reabría ao público o recinto da XXV Feira do Viño de Valdeorras na praza Otero Pedrayo de Viloira (O Barco). Numerosas persoas dábanse cita nel para percorrer as diferentes casetas das 21 adegas que participan nesta edición e degustar os seus brancos e tintos.

Ademais para que os afeccionados ao fútbol non perderan detalle do partido do final da UEFA, instalábase unha pantalla xigante nunha das zonas da feira.

Fotos: A.R.

Back to top button