OurenseÚltima hora

O Rallye de Ourense arranca, por terceiro ano consecutivo, no Xardín do Posío

Os tres primeiros en tomar a saída da primeira etapa foron Pernía, Iván Ares e Xevi Pons
Saída do 52 Rallye de Ourense-Ourense Termal.

Baixo unha chuvia intermitente, ás catro desta tarde arrancaba oficialmente o 52 Rallye de Ourense-Ourense Termal. Os 91 equipos que finalmente participan nesta edición da carreira automobilística de referencia a nivel nacional, saían por terceiro ano consecutivo dende o céntrico Xardín do Posío, tras pasar por debaixo das bandeiras española e galega. Bandeiras ondeadas por personalidades como o alcalde en funcións da cidade Jesús Vázquez ou o presidente da Real Federación Española de Automovilismo Manuel Aviñó, entre outros. Do mundo da cultura e o deporte participaron os ourensáns Yosi, cantante de Los Suaves e Miguel Ángel, porteiro do Real Madrid e da Selección Española de Fútbol nos anos setenta e oitenta.

A primeira etapa deste 52 Rallye levou aos pilotos e copilotos por dous tramos ben coñecidos por todos: o primeiro o de Esgos con 15,28 km e o segundo o mítico Canón do Sil con 22,20 km. Segundo a orde dictada polos tempos do Tramo Cronometrado Clasificatorio (TCC) celebrado esta mañá en Castro de Beiro despois do shakedown, os pilotos foron os encargados de elixir un a un a súa posición de saía. Xevi Pons, ganador do TCC, decidía saír 3º, Iván Ares era o 2º e Perní o 1º, quedando a orde de saída do seguinte xeito: Pernía, Ares, Pons, Pepe López, Lemes, Vinyes, Pardo, Blach, Monarri e Francisco López.

 

O parque pechado do rallye sitúase por terceiro ano consecutivo no Xardín do Posío.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button