SanidadeÚltima hora

O recadado nas Carreiras das Cidades contra o cancro de colon, destinado a 2 proxectos de investigación

Publicidade

 

O vindeiro 8 de abril está previsto o acto de entrega e a presentación dos dous proxectos de investigación ganadores da quinta Beca Carmen Delgado/ Miguel Pérez Mateo, que se financia co importe íntegro das inscricións reunidas nas diferentes Carreiras contra o cancro de colon que se celebraban cun carácter virtual no 2020 en España, entre elas a de Vilamartín de Valdeorras.

No apartado de investigación básica a beca será entregada ao doutor Javier Martínez, do Laboratorio de Oncoloxía Traslacional, OncoHealth Institute do Hospital Fundación Jiménez Díaz. O proxecto que presentaba á beca denomínase “Encapsulación de fármacos anti-neoplásticos en exosomas illados de células pancreáticas cultivadas de distintas orixes como tratamento dirixido contra o cancro de páncreas”.

No referente a investigación clínica, a beca correspóndelle ao proxecto titulado “Búsqueda de marcadores non invasivos para o diagnóstico e a predición de resposta ao tratamento farmacolóxico do cancro de páncreas”, presentado pola doutora Rocío Isabel Rodríguez, profesora titular da Universidade de Salamanca, investigadora do IBSAL e CIBERehd.

Esta iniciativa benéfica está promovida por ACANPAN (Asociación do Cancro de Páncreas) e por AESPANC (Asociación Española de Pancreatoloxía.

O evento poderá seguirse online a partir das 19h. a través da plataforma Zoom.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button