ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O reloxo da Torre medieval de Viana volve marcar as horas

Torre medieval de Viana do Bolo.

 

Unha avaría no seu antigo e delicado mecanismo de funcionamento provocaba que o reloxo da Torre de Viana do Bolo déixase de funcionar hai un tempo. E iso concidía ademais coa retirada do profesional que se ocupaba ata agora do seu coidado.

Pero, “tras un proceso de búsqueda dos profesionais mais axeitados para o mantemento e coidados do reloxo da nosa torre, foi posto a punto. Para elo tivo que facer algunha viaxe, e diversas postas a punto e comprobacións in situ ata que, xa por fin, recuperou o seu ritmo habitua”, tal e como vén de anunciar o Concello de Viana do Bolo.

“Ao fin, un dos emblemas da nosa vila, recupera o seu son e o seu ritmo habitual. Dende fai días, vianeses, vianesas e visitantes podemos gozar de novo do seu ritmo e son, para acompañar a nosa vida diaria na vila”, destacan dende o Concello de Viana.

Artigos relacionados

Back to top button