SanidadeÚltima hora

O reto “polas enfermidades inflamatorias intestinais”, que impulsa Víctor Loira, chegará ao Barco o 23 de agosto

Con el pretende dar visibilidade a estas doenzas e contribuír á sensibilización social mediante un percorrido por toda Galicia que será cuberto en bicicleta e patinete desde o 19 de agosto ata o 4 de setembro

 

O Hospital Universitario de Ourense foi escenario da terceira etapa deste reto./ Foto cedida.

 

 

A EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras participa no reto “polas enfermidades inflamatorias intestinais (EII)” da man do deportista e paciente da enfermidade de Crohn, Victor Loira, que tenta dar visibilidade a estas enfermidades e contribuír á sensibilización social mediante un percorrido por toda Galicia que será cuberto en bicicleta e patinete desde o 19 de agosto ata o 4 de setembro e que tamén o levará por todos os hospitais da comunidade galega.

Este reto principiaba o domingo 19 de agosto en Pontevedra e percorre todas as provincias de Galicia tendo prevista a chegada a Santiago de Compostela despois de 17 etapas e de 1.320 kilómetros. En varias etapas visitará un hospital da rede do Servizo Galego de Saúde e fará uso dos aseos adaptados para persoas ostomizadas que a Consellería de Sanidade ten instalados en varios hospitais de Galicia.

O Hospital Universitario de Ourense foi o escenario de saída da terceira etapa do reto que terá unha distancia de 52 km, sendo cuberta en patinete, e que levará a Victor Loira cara a poboación de Trasmiras. Ao día seguinte, mércores 22 de agosto, a etapa será en bicicleta cunha distancia de 96 km con saída ás oito da mañá polo Hospital de Verín e con chegada a localidade da Veiga.

Na etapa do xoves Victor Loira utilizará novamente o patinete para cubrir a distancia de 56 km que o levará ata a localidade de Monte Furado despois de pasar tamén polo exterior do Hospital Comarcal de Valdeorras (HCV) ás 11h.

 

 

Outro dos momentos do acto relacionado co reto no Hospital de Ourense.

 

A denominación de enfermidade inflamatoria intestinal (EII), úsase para referirse a unha serie de enfermidades crónicas, de causa descoñecida, que afectan o noso aparello dixestivo, entre elas están, a enfermidade de Crohn e a colitis ulcerosa. Esta inflamación intestinal provoca os síntomas da enfermidade, as denominadas manifestacións intestinais son as mais frecuentes: dor abdominal, diarrea, sangrado rectal, perda de peso. Nalgúns pacientes, poden producirse tamén síntomas ou complicacións fose do tubo dixestivo (pel, ollos, articulacións) que chamamos manifestacións extra intestinais, segundo se informa dende a EOXI de Ourense.

Unidade funcional de Enfermidade Inflamatoria Intestinal da EOXI

O Servizo de Aparello Dixestivo da EOXI de Ourense é un departamento altamente especializado, estruturado en Unidades Funcionais, como as de Enfermidade Inflamatoria Intestinal, Hepatoloxía, Oncoloxía Dixestiva e de Páncreas. Esta super-especialización permite dar unha resposta específica, a cada área asistencial, e ás patoloxías de maior incidencia ou complexidade, cunha atención de alta calidade.

No que se refire á incidencia da Enfermidade Inflamatoria Intestinal en Ourense, a Unidade de EII do Servizo de Aparello de Dixestivo fai actualmente o seguimento a más de 800 pacientes diagnosticados de Crohn e Colitis Ulcerosa, atendiendo más de 3000 consultas anuais, apreciando un incremento desta patoloxía é de ao redor de 60 novos pacientes cada ano.

Artigos relacionados

Back to top button