En portadaÚltima hora

O retorno do oso, na edición en papel de abril do Periódico O SIL

Publicidade
Pegada de oso pardo cantábrico./ Foto: Fundación Oso Pardo.

 

A presenza do oso está a notarse, cada vez máis, en zonas galegas onde antigamente vivía de forma habitual como Valdeorras ou a Serra do Courel. A paulatina recuperación que están experimentando as poboacións de oso pardo na Cordilleira Cantábrica está dando lugar a que este plantígrado se expanda e recupere eses antigos feudos, aínda que nun proceso moi lento.

Para facilitalo e contribuír tamén a unha mellor convivencia entre o oso e á poboación local dos territorios aos que volta, están a desenvolverse iniciativas como é o proxecto europeo Life Oso Courel, que, logo de máis de tres anos de actuacións, concluirá a finais deste mes de abril.

 

 

Coincidindo co remate deste programa na edición en papel de abril do Periódico O SIL incluímos unha ampla reportaxe adicada a ese retorno do oso, percorrendo as pegadas arqueolóxicas e etnográficas que esta especie ten ido deixando neste territorio, analizando a súa situación súa actual, cun proxecto en marcha para censar o número de exemplares de oso no conxunto da Cordilleira Cantábrica.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button