DeportesÚltima horaVídeos

O rider Javier Fernández, na espectacular DHI Pozo do Demo de Verín organizada polo seu club

 

Na fin de semana do 27 e 28 de abril Verín acollía a terceira proba da Copa de España de descenso, a DHI Pozo do Demo UCI C2 organizada polo club ciclista Bicicletas Chinquena Racing Team do que forma parte o rider rues Javier Fernández Quiroga, a única proba do calendario de carácter internacional que outorga puntos para o ranking UCI.

 

 

Tal como avanzan dende a organización, un total de 174 corredores de 5 países diferentes puxeron a proba as súas habilidades no esixente trazado do circuíto do Pozo do Demo en Cabreiroá.

Yelco Romero do Trek Baskonia e Sara Yusto do Lacteos Cobreños eran os gañadores na categoría elite Sub23 masculino e feminino respectivamente. En canto a corredores de Ourense cabe destacar ao local Manuel Baños, terceiro na categoría Máster 40. Tamén é de destacar a participación de Toni Ferreiro, toda unha estrela galega de descenso e propio Javier “Zape” que remataba no posto 13º.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button